
Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Gondomar
Parroquia: Mañufe (San Vicente)
Lugar: Cristillón
Outra denominación do ben: Casa de Cristillón
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Casa fundada a principios do século XVII a base de perpiaño granítico irregular, de dous andares e cuberta a dúas augas.
Inicialmente era de planta rectangular con orientación Norte-Sur. Máis tarde se lle engadíu un anexo que funcionaba como patín. Co paso do tempo se foi transformando ata o que podemos ver hoxe en día.
Nesta casa, que foi cabeza de Morgado, vivíu un Comisario Inquisidor tal e como mostra o escudo que coroa o lintel do portalón de entrada ao patio aberto ante a casa.
No século XVIII o dono da casa era Manuel Antonio de la Sierpe Troncoso e Lira, propietario de outras casas nobres da contorna.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio (2018). Percorridos polo patrimonio cultural da vila e concello de Gondomar de Miñor. Ed: IEM – Instituto de Estudos Miñoráns
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.1043837403Lonxitude: -8.77029240131
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Out 19, 2016
Brasón pétreo coas armas do Santo Oficio que coroa o lintel do portalón de entrada