Outra fotografía:

Tipo de ben: Camposanto,
Concello: Bergantiños (comarca) / Cabana de Bergantiños
Parroquia: Corcoesto
Lugar: Cortiño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Recinto amurallado con muros altos e sillares de cantería situado no lugar de Cortiño. O cemiterio civil de Corcoesto foi construído durante a II República española para dar resposta ás necesidades daquel momento: garantir á liberdade relixiosa da cidadanía e promover a saúde pública, xa que logo, o cemiterio da igrexa parroquial, de espazo reducido, impedía seguir enterrando a máis cadáveres nas condicións adecuadas de hixiene e salubridade.
De aí que o lugar escollido fose extramuros, alonxado dos núcleos habitados, elevado e ben ventilado.
Hoxe en día o inmoble está abandonado e no medio dun monte de piñeiros. Aínda conserva os muros en bo estado, mais a vexetación impide apreciar a fondo as súas características.
A chegada da II República levou a moitos concellos a separar o cemiterio civil e o cemiterio relixioso, e o alcalde daquela época dispuxo que en Corcoesto así fose, feito derivado da presencia de veciñanza non católica na parroquia, concretamente persoas vencelladas ao movemento da masonería.
A súa construción obedeceu ao establecido na antiga Real Orde do 19 de maio de 1882 que claramente especificaba que: “por mor das malas condicións con que contaban algúns cemiterios españois, que han de emprazarse en lugar elevado, contrario á dirección dos ventos dominantes, en terreos mantillosos ou calizos, a medio quilómetro de distancia de calquera elemento urbanizado, por ser “establecementos de nefitismo pútrico permanente”, cun declive e grao de humidade adecuados, lonxe de fontes de auga. O recinto deberá servir para cinco anos de enterramentos -período mínimo de exhumación de restos-, con terra removible, e en foxos de 2 por 0,8 metros, separados por 30-50 centímetros ou unha parede. Estas cuestións físicas deberán acompañarse de vixiancia e cercado por medio dunha muralla de dous metros de alto, con portas de ferro pechadas con cadeado, e de salas especificamente dedicadas a autopsias e embalsamamientos, velorios, capela e habitacións para capelán e enterrador”.
Así pois a veciñanza propuxo ao alcalde daquel momento o lugar de Cortiño, que ademais era boa terra, “terra de horta, fácil de remover para o enterrador”, e afastado de fontes de auga que evitaran a contaminación.
Ata aquel momento, na práctica enterrábase ao non católico xunto á tapia do cemiterio, na parte de fóra, lugar provisional ata o momento de emitirse o fallo xudicial eclesiástico sobre unha posible admisión no recinto católico. Este enterramento provisional tería lugar nunha zona que non servise de sepultura para católicos, e contaría con separación mural da área católica.
A II República trastorna por completo o panorama cemiterial en España. Producirase a secularización total e definitiva, que permanecerá ata os decretos asinados polo réxime franquista a piques de concluír a contenda civil.
A finalización da Guerra Civil significará unha volta atrás no que se refire a lexislación e práctica de enterramentos.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Está cheo de maleza.


Onde está localizado

Latitude: 43.2235038964
Lonxitude: -8.84515285492
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84