
Outra fotografía:
Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Bergantiños (comarca) / Cabana de Bergantiños
Parroquia: Corcoesto (San Pedro)
Lugar: Lugar Grande
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana, Época Altomedieval,
Descrición:
Os restos máis visibles do castro son o parapeto do muro oeste e o foxo, hoxe bastante afectados polas labores agrícolas, forestais e a concentración parcelaria da parroquia. Sen embargo, a súa historia é moi interesante.
O lugar Grande sofreu fondas modificacións ao longo dos séculos. Desde as súa orixe como Castro defensivo (na fotografía aérea do ano 1975 aprécianse restos da muralla fortificada do lado norte), ata converterse en Castro agrícola. O aumento da poboación obrigaba á construción de recintos anexos amurallados. Posteriormente pasou a ser sede do poder romano durante a explotación do ouro. Moi preto, en Quiñalde os romanos rendían culto ao deus da guerra Quirino, no outeiro Quirinale. Os soldados romanos pedíanlle tempos de paz a Quirino.
Os romanos converteron o castro orixinario no asentamento dos mandos administrativos e militares encargados de explotar as minas, e dispuxeron a súa organización en vivendas unifamiliares dispostas en quinteiros ao redor do foro ou praza pública, da que aínda se aprecian restos hoxe en día. De feito, o microtopónimo Quinteiro aínda se conserva.
Desde a súa cima vese o curso do río Anllóns e fóra das murallas están as terras cultivadas a millo, lugar que hai anos coñecíase como o Agro do Mouro.
No medievo era un Couto (cima acoutada) de Corcoesto. As mulleres que habitaban o Couto adicábanse a lavar o material da mina, é dicir, eran bateeiras ou aureanas. De aí o alcume de “Coutelanas”, que aínda se conserva na actualidade. Aquelas outras mulleres que vivían no couto, mais non eran lavandeiras de material eran “Coutas“, alcume que tamen aínda se conserva hoxe en día.
As Coutelanas lavaban o material da mina nas gabias onde ía a parar o material de mina empuxado pola auga. Así temos lugares como As Lamas, A Lamprieira, Dequente (Decante), e microtopónimos como Os Murados, Os Bodegales, As Lavandeiras, que aínda se conservan na memoria da veciñanza.
O Quinteiro tamen era o caseiro, o que xestionaba o lugar dun señorío a cambio dunhas rendas ou foros. De feito, ata ben mediado o seculo XIX os seus habitantes eran caseiros que comprarían os lugares aos señores a raiz da desamortización de Mendizábal.
Por outra banda, o quinto era o tributo real que se pagaba ao rei cando se capturaba unha presa ou descubría un tesouro e que era igual á quinta parte (20%) do capturado ou descuberto.
O microtopónimo Quinto tamen o localizamos á beira do río Anllóns, no actual lugar de Xabarido.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Revista “Historia de Corcoesto, nº 1”. Ano 2016. Asociación Petón do Lobo.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.2300706387Lonxitude: -8.84463787079
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
elixiovieites says:
Nov 6, 2016
Artigo sobre este asentamento de Lugar Grande. Corcoesto
https://historiadegalicia.gal/2016/08/de-cando-os-romanos-xa-buscaron-o-ouro-de-corcoesto/
O catálogo arqueolóxico de Corcoesto no Pxom de 1999.
Non contempla este castro
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CABANADEBERGANTINOS/documents/0081CA016.PDF
Ana Varela says:
Nov 6, 2016
O PXOM de Cabana non recolle nen a metade dos bens. A ver se o novo PXOM en elaboración é máis ambicioso e reflicte o rico patrimonio do concello.
Vanessa says:
Nov 7, 2016
Hai unha muralla que se conserva ben. O resto edificaron enriba del.