
Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Cee
Parroquia: Cee (Santa María)
Lugar: Cee
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Este pazo está situado no núcleo de Cee, entre estreitas rúas e rodeado de construcións residenciais de tipoloxía moderna. A planta é case cadrada, cun pequeno mordido na medianeira que comparte co edificio lindeiro. O acceso á planta nobre realízase a través dunha escalinata de boas proporcións cunha fermosa balaustrada granítica inspirada no barroco compostelán. Dito estilo repítese nos dous balcóns cos que conta o pazo: un na fachada principal, sobre a entrada ó baixo, sostido por grandes canzorros de pedra e o outro, de maior lonxitude, que percorre toda a fachada lateral. Esta parte do edificio emprega no muro o granito en pezas de cantería irregular, mentres que o resto se constrúe en cantaría, quedando en ámbolos dous casos á vista. Polo que respecta á cuberta, trázase a tres augas con tella do país.
A disposición dos ocos responde a criterios funcionais, sen manter un ritmo definido. A riqueza do conxunto queda de manifesto na expresividade que adquire o granito nos diversos elementos ornamentais como a cornixa, na que se acompañan varias gárgolas, a labra dunha figura antropomórfica enriba do lintel da porta da primeira planta, na cheminea ou no brasón de catro cuarteis que reflicte as liñaxes dos que estiveron vinculados ó pazo como os Leis, os Bermúdez de Castro, os Pardiñas, os Rioboo e os Castro.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA:
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitectura da provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía», Deputación Provincial da Coruña, Vol.IV, 1997.
TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», libro inédito pero inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no 2007,2008 e 2009.
PÁXINAS WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CEE/documents/0118CA005.pdf (p. 6)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.954287674342964Lonxitude: -9.188112169504165
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




