Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Abegondo
Parroquia: Vizoño (San Pedro)
Lugar: Monte de Castromaior, Torreira
Outra denominación do ben: Coto da Cerca
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Asentamento fortificado situado a uns 478 metros sobre o nivel do mar, composto por unha croa case que circular, duns 72 metros de diámetro, defendida por un parapeto de tamaño considerable, uns 5-7 metros de alto por uns 10-12 de ancho, no que se observa bastante cascallo na parte superior do mesmo, completado cun foxo que cingue todo o recinto agás polo leste, onde se abre un acceso a un pequeno antecastro, de forma rectangular, duns 45 x 55 metros de lonxitude. Este tamén está defendido por un parapeto que actualmente se atopa moi deteriorado. Estes dous recintos están defendidos por un novo parapeto que os cingue completamente, aínda que actualmente tan só unha altura duns 0,50-1 metro, por mor dos traballos agroforestais que provocaron tamén a cáseque desaparición dalgúns parapetos. Tamén semella observarse restos doutro posible parapeto que completaría o complexo sistema defensivo, aínda que estaría cáseque completamente destruído. A superficie da croa ten uns 4800 metros cadrados, e o castro na súa totalidade; de forma ovalada, acada uns 2,47 Ha. cunhas medidas duns 200 metros de NO-SL por uns 150 metros de NL-SO. A entrada á croa faise polo leste conectado co antecastro.
No ano 1974, unha pa mecánica abríu un burato no centro da croa. Ademais, no parapeto da zona suroeste, instalouse un punto xeodésico.
Dicir tamén que Castromaior quedaba no camiño que iba de Santiago a Betanzos. Estaba emprazado nun lugar privilexiado dende onde se dominaba tanto a costa como as terras de interior; estando na divisoria de dúas comarcas naturais ben diferenciadas: a constituída pola conca alta do río Tambre que verque as súas augas cara Santiago e a constituída pola conca do río Mero, orientada cara o mar.
Nas cercanías deste poboado, no ano 1455, foi asaltado un veciño de Betanzos que iba camiño de Ourense, a donde levaba uns panos, segundo Ferreira Priegue, E. no seu traballo “Los caminos medievales de Galicia”.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen usoForestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15001017
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-FERREIRA PRIEGUE, E.: “Los caminos medievales de Galicia”. Boletín Auriense. Páx.129.
-VALDÉS BLANCO-RAJOY, M.R: “Las fortalezas medievales que jalonaban la ruta jacobea entre Santiago y Betanzos”. Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC). Santiago de Compostela.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABEGONDO/documents/27648ca003.PDF (páx. 47-48)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1740445629
Lonxitude: -8.32945883318
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84