Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: Calde (San Pedro)
Lugar: O Corral de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Igrexa feita a base de perpiaño granítico á vista na fachada principal e revocado no resto dos muros, de planta rectangular dunha soa nave, e cuberta de lousa a dúas, tres e catro augas con remates en pináculos de bóla. A sancristía aparece pegada no muro norte.
Na fachada principal podemos ver a porta de acceso alintelada, unha pequena fiestra de sección cadrada e, como remate, unha espadana dun só oco de arco de medio punto con pináculos de bóla nos laterais.
No interior destacan varios elementos, como o arco triunfal de medio punto en aresta, e o retablo maior de época barroca acompañado de outros dous retablos laterais.
A construción da capela maior é obra do mestre Fulgencio Durán, veciño de Lugo.
A advocación desta igrexa variou ao longo da historia. En documentos dos anos 1208 e 1250 aparece adicada a San Salvador.
Ao redor da edificación podemos ver un adro-cemiterio.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000019166
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LUGO/documents/27519ca023.PDF (Páxinas 14 a 16)
http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=26890&ctre=31&langId=gl_ES
BIBLIOGRAFÍA
COUSELO BOUZAS, JOSÉ. “Galicia artística en el siglo XVIII y primer tercio del XIX”. CSIC – Intituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento. Santiago de Compostela. 2004
D´EMILIO, JAMES. “Los documentos medievales como fuente para el estudio de las parroquias e iglesias gallegas: el distrito de monte de Meda (Lugo)”. CSIC. 1996. (Ligazón: http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/viewFile/230/231)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9558846373Lonxitude: -7.61990100145
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84