Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Cruceiro, Camposanto,
Concello: Noia (comarca) / Outes
Parroquia: Santo Ourente de Entíns
Lugar: A Seara
Outra denominación do ben: Parroquial de San Campio
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O templo, de cantaría, posúe planta de cruz latina, estando cuberta a nave con bóveda de canón sobre arcos faixóns, dividíndoa en cinco treitos. Ás capelas laterais accédese a través de arcos faixóns que sosteñen a bóveda do trazo transversal. No lateral do presbiterio encóntrase engadida a sancristía de pequenas dimensións e menor altura, que rompe a uniformidade volumétrica que presenta ao exterior do templo.
A riqueza ornamental atópase na fachada principal, composta de xeito simétrico e elegante. A porta está cuberta cun pórtico de medio punto no que aparece a imaxe de Santo Ourente xunto cun oco rectangular hoxe tapado por un reloxo. A fachada está enmarcada por senllas pilastras nos extremos, rematadas en pináculos e cunha cornixa cóncava que facilita a transición ata o campanario, dividido en dous corpos e con gran riqueza decorativa. Remata cunha cupuliña. Outro campanario érguese sobre a sancristía na porta exterior.
Nesta igrexa venérase o corpo de San Campio, cuxos restos foron traídos de Roma por concesión do pontífice Pío VI ao Cardeal Celada, producíndose unha reforma na igrexa á que se cedeu o corpo no ano 1795.
O conxunto parroquial está composto por dita igrexa, á que se accede subindo unha dobre escalinata onde hai unha pequena fornela cunha imaxe, dous cruceiros e o cemiterio. No adro sitúanse os cruceiros, semellantes ao que se atopa na próxima Capela do Rial. Na parte posterior do templo está o cemiterio, ao que se accede por un portón coroado cunha cruz, atopando no interior do mesmo outro cruceiro.
Os cruceiros do adro posúen fuste oitavado e cadrado na basa. O capitel atópase labrado con decoración vexetal e molduras. En canto á cruz, carece de imaxes, malia que tamén ten labrados motivos vexetais. No baseamento do cruceiro atópase un escudo composto de catro cuarteles onde aparecen unhas imaxes que parecen ser lobos ou touros e no outro o que parecen ser caldeiros ou zurróns repetíndose de forma inversa nos dous cuarteis inferiores.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior consérvanse os restos de San Campio, ademais de cinco retablos que lle foron encargados o escultor noiés Ferreiro. Do retablo maior, datado no ano 1796, só se conserva unha imaxe de San Ourente, de estilo clasista. Do mesmo ano son os retablos de San Francisco Xabier e do Rosario, neoclásicos.


Tradición oral:

A tradición fala dos poderes sanadores do corpo do San Campio.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA

ARTAZA MALVÁREZ, Ramón de: “Historia de Muros y su distrito” (2ª edic)
SORALUCE BLOND, José Ramón e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Xosé: “Arquitecturas da Provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son”.
Páxinas do Catñalogo do Pxom de Outes
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA012.pdf
(p. 6 – igrexa)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA020.pdf
(p. 5 e 6 – cruceiros adro)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA021.pdf
(p. 1 – cruceiro cemiterio)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8624031249
Lonxitude: -8.90228390694
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84