Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: Lamas (Santalla)
Lugar: O Caínzo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Edificación do ano 1871 feita a base de perpiaño e cachotería granítica, de planta rectangular cunha soa nave, e cuberta de lousa a dúas e catro augas. A sancristía aparece pegada ao muro lateral esquerdo. Todos os muros, agás a fachada principal e os esquinais, aparecen revocados en branco.

Na Fachada principal, con pilastras laterais e pináculos de bóla de remate, podemos ver a porta de acceso alintelada. Sobre ela un ocelo. O conxunto remata nunha espadana de dobre corpo, con dous vans no inferior e un van no superior, e coroado por pináculos laterais e cruz de ferro no cume. Existe tamén unha porta lateral alintelada no muro sur.

No interior existe un arco triunfal de medio punto coa inscrición da data de feitura da igrexa e un retablo do século XVIII.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000019219
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LUGO/documents/27519ca036.PDF (Páxinas 2 a 4)
http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=21810&ctre=31&langId=gl_ES


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9461824728
Lonxitude: -7.62808978558
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84