Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: O Burgo (San Vicente)
Lugar: O Burgo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa do século XVIII feita a base de perpiaño granítico labrado e escuadrado, de planta rectangular dunha soa nave, e cuberta en lousa a dúas e catro augas con pináculos de bola nos laterais. A sancristía a podemos ver á cabeceira.
A fachada principal, flanqueada por pilastras acanaladas, componse dunha porta de aceso alintelada. Sobre ela un frontón semicircular decorado. Máis arriba vemos un reloxo de agullas de factura moderna e unha fornela coa imaxe do patrón.
O conxunto remata nunha torre campanario composto de dous corpos con catro vans semicirculares. O segundo corpo da torre posúe un tambor poligonal con cúpula que remata con pináculos de bolas e unha cruz.
Tamén destaca o seu lucernario.

No interior da igrexa destacan varios elementos, como a súa bóveda de canón na capela maior, un retablo maior de época barroca, un retablo lateral do século XIX-XX de estilo neogótico, e outros dous retablos laterais de estilo neoclásico e popular.

Esta igrexa substituíu a outra máis antiga, citada en virios documentos medievais como o de “Sancto Vitentio de Muros”, matriz da igrexa de Poutomillos e a de San Xoán de Alto.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000019143
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LUGO/documents/27519ca022.PDF (Páxinas 20 a 22)

http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/

http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=3101


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9698627235
Lonxitude: -7.64435470104
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84