
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: O Burgo (San Vicente)
Lugar: O Burgo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Situado no adro da igrexa parroquial, o cruceiro nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A súa base está formada por dúas pezas, a primeira é un zócalo e a segunda é unha peza troncopiramidal truncada coroada por un filete sobresaínte.
O varal é de sección octogonal, agás nos extremos que é cadrado. Nel podemos ver restos de policromía cos símbolos da Paixón.
A continuación o capitel que comeza nun filete circular, ornamentándose cada unha das arestas con volutas e as caras con querubíns.
O conxunto remata nunha cruz de sección octogonal cos remates dos brazos en forma de piñas.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LUGO/documents/27519ca022.PDF (Páxinas 5 a 7)
BIBLIOGRAFÍA
ARRIBAS ARIAS, FERNANDO e REIGOSA CARREIRAS, ANTONIO. “Cruces, cruceiros e petos de ánimas de Lugo I” (Enlace online: https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/1299700.pdf)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9698485927Lonxitude: -7.64452368021
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




