
Outra fotografía:
Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: O Burgo (San Vicente)
Lugar: Carrigueiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida, Época Baixomedieval,
Descrición:
Pazo feito en perpiaño granítico irregular composto de dous andares e cuberta de lousa a catro augas.
O que hoxe podemos ver é unha edificación moi distinta á orixinal, xa que sufriu varias reformas e ampliacións. Todos os elementos artísticos que destacan hoxe en día son do século XVIII, pero a parte máis antiga é posible que sexa do século XV. Nunha das súas fachadas existe un brasón heráldico.
Todo o conxunto atópase rodeado dun muro de peche feito en perpiaño granítico irregular. Nun dos accesos á finca destaca un portón de entrada no que aparece outro escudo nobiliario.
Segundo a tradición o pazo de Carrigueiros está construído sobre unha antiga fortaleza defensiva vinculada á antiga calzada XIX do itinerario de Antonino sobre o que xurdiu o antigo Camiño de Santiago.
Xa no século XIX, o pazo aparece vinculado a José María Rivera y Figueroa, capitán de milicias en tempos de Isabel II.
Segundo algúns documentos, o pazo foi unha antiga cárcere.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Na data da miña visita ao lugar (29 de outubro de 2016) a edificación atopábase en proceso de rehabilitación.
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LUGO/documents/27519ca022.PDF (Páxinas 23 a 25)
http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=20494&ctre=37&langId=gl_ES
http://xurdemoran.blogspot.com.es/2014/06/casa-grande-de-carrigueiros.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9705716124Lonxitude: -7.63600230217
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




