
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: Prógalo (Santiago)
Lugar: A Eirexe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Igrexa de pequenas dimensións feita a base de perpiaño irregular e cachotería granítica, de planta rectangular dunha soa nave e con cuberta de lousa a dúas augas. A ábsida é de época posterior.
Na súa fachada principal podemos ver unha porta de acceso con arco de medio en aresta viva. Por riba dela un pequeno van con arco de medio punto. O conxunto remata cunha pequena espadana dun só van en arco de medio punto e cruz pétrea de remate.
No interior da igrexa podemos ver varios elementos como o arco triunfal de medio punto, a pía bautismal, o retablo maior do XVIII pintado, segundo inscrición en 1787, con imaxes de María e San Pedro (do XIV de estilo románico tardío), e un retablo lateral na parte esquerda do século XVII.
Esta igrexa é citada en varios documentos de época medieval, como o “Sanctus Iacobus de Mera”.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000019296
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LUGO/documents/27519ca052.PDF (Páxina 2 a 4)
http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=26899&ctre=31
http://www.terrasdaaugaecultura.es/castellano/rutas/parroquia_de_Santiago_Progalo.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9771741715Lonxitude: -7.66925364733
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




