Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: Poutomillos (San Martiño)
Lugar: Vilar
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval, Século XX,
Descrición:

Edificación do século XII (1129) e reedificada na segunda metade do XX feita a base de perpiaño e cachotería granítica, de planta rectangular dunha soa nave e con cuberta de lousa a dúas augas agás na capela maior que é a catro augas. A sancristía atópase pegada ao muro esquerdo da capela maior.
Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso alintelada e un ocelo con derrame interno. O conxunto remata nunha espadana de dous corpos con arcos de medio punto, o inferior de dous vans e o superior de un so van, con pináculos e cruz metálica de remate.

No seu interior destaca un arco triunfal de medio punto sobre pilastras con imposta moldurada, e unha lauda sepulcral cun brasón moi erosionado situada no piso da capela maior.

Esta igrexa aparece en documentos medievais como “Ecclesia Sancti Martini de Puctimilios”


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000019290
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

No interior tamén podemos ver varios elementos mobles. Entre eles o seu retablo maior de estilo neoclasicista coas imaxes de San Martiño (do século XVIII), o Neno Xesús (do XIX) e San Sebastián (do século XVI)

Tamén aparece un retablo lateral esquerdo (da segunda metade do século XVII), e un retablo lateral dereito (da última década do século XVII), un deles cun relevo das ánimas.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LUGO/documents/27519ca051.PDF (Páxinas 14 a 16)

http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=21783&ctre=31&langId=gl_ES

http://xurdemoran.blogspot.com.es/2015/04/san-martino-de-poutomillos-santuario-de.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9634968797
Lonxitude: -7.66494870186
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84