Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponteceso
Parroquia: Anllóns (San Fiz)
Lugar: Anllóns
Outra denominación do ben: Cruceiro de Anllóns
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos, mesa acaroada e pedestal cúbico achafranado con medallóns con baixorrelevo nas súas caras. O varal é octogonal comezando en cadrado. Ten imaxes de Cristo Crucificado nunha fornela, a Santa Lucía e outra santa. Debaixo do Cristo ten unha placa cunha inscrición que di: CONSTRUIDO POR SUSCRIPCION PARROQUIAL AÑO-1952″. Ten un capitel cilíndrico con astrágalo circular e liso. O ábaco de lados curvos e vértices achafranados, ademáis ten volutas, flores e follas de acanto. A súa cruz é cuadrangular cos brazos en chafrán. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé dereito sobre o esquerdo. Ten a cabeza ergueita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. A súa dereita está a figura de San Francisco recollendo o sangue de Cristo. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Virxe do Carme cun neno no colo sobre unha peaña. O cruceiro é todo de granito agás a plataforma que é de formigón tendo un bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECESO/documents/27921ca002.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.2299047199
Lonxitude: -8.88957001274
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84