Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: A Coruña (comarca) / Culleredo
Parroquia: Castelo
Lugar: Xalo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico, Calcolítico,
Descrición:
Medoña do Chan de Castelo situada en Monte Xalo, preto da cume do monte. Mide uns 30 metros de diámetro e uns dous metros de altura. Ten un grande cono de violación, non se ven pedras da anta.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Agredida en 2016 por unha tala forestal.
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Está cortada por un camiño. En 2016 nunha tala forestal masiva autorizada pola Xunta na zona foron cortados os piñeiros que había sobre ela con maquinaria forestal pesada. Quedaron marcadas as rodeiras. Foron arrincados os tocóns dalgúns árbores. A desfeita foi denunciada a Patrimonio. A mámoa estaba sinalizada e había un cartel informativo.
http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2015/09/03/historiadores-alertan-agresion-emblematicas-mamoas/991382.html
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/25573-novo-atentado-mamoa-culleredo
http://www.elentornometropolitano.com/node/397
http://castelodeporte.gal/pola-defensa-do-patrimonio-historico-e-natural-do-xalo/
Onde está localizado
Latitude: 43.2317977891Lonxitude: -8.40450915724
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
Manuel Vázquez Bastón says:
Xuñ 1, 2024
Non lles chegou co atentado do 2016. Dando unha volta polo Xalo atopeime coa última falcatruada contra o NOSO PATRIMONIO. As dúas parcelas (segúndo o SIXPAC) quedan convertidas en unha, e un valado electrificado pecha as entradas que había cara a MEDOÑA. Estado actual da mesma a 30/05/2024 : DESCOÑECIDO.
Espero que non arrasaran xa con todo…
Manuel Vázquez Bastón says:
Xuñ 1, 2024
Foto da advertencia d electrificación
Manuel Vázquez Bastón says:
Xuñ 1, 2024
2º Acceso á MEDOÑA.
Manuel Vázquez Bastón says:
Xuñ 1, 2024
Outra vista do Valado