
Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Monterrei
Parroquia: Monterrei (Santa María)
Lugar: Monterrei
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
O Castelo de Monterrei é, probablemente, a fortaleza máis grande de Galicia pois, ademais da propia estrutura defensiva, contaba cun pazo, torres, capelas e mesmo un hospital de peregrinos. O conxunto, levantado sobre o que fora o Castro de Baroncelli, posúe tres recintos amurallados sobre una alongada lomba. As ameas e un pozo do patio interior acentúan o seu carácter defensivo, destacando as torres da Homenaxe e a das Damas. A entrada conta cunha porta levadiza. Dentro do recinto atópanse o Pazo dos Condes e a Igrexa de Santa María. O primeiro, de estilo renacentista, foi construído entre o século XVI e comezos do XVII. Posúe unha galería sobre columnas con arcos rebaixados e decoración de escudos en nos soportes verticais. En canto ao templo sinalar que é anterior, gótico, datándoo entre os séculos XIV e XV.
As edificacións do recinto superior foron mandadas construír por Sancho Sánchez de Ulloa, o primeiro conde de Monterrei, na época dos Reis Católicos. Por mor da súa grande importancia defensiva na fronteira con Portugal e a súa poderosa situación elevada, despois moitos outros liñaxes utilizárono. Ulloa, Zúñiga, Viedma, Fonseca, Acevedo ou a Casa de Alba foron algunhas das estirpes propietarias do castelo.
A primeira documentación da fortaleza data de 950. Posteriormente, no 1213, o rei Afonso X ordena a demolición das defensas do castelo, tentando satisfacer aos monxes de Celanova, pois considerábano una ameaza. No século XII o castelo será reedificado grazas ao rei de Portugal Afonso Henriques. En 1366 serve de refuxio a Pedro I o Cruel, nas súas disputas con Henrique de Trastámara. Xoán I de Castela concédelle os dereitos sobre a fortaleza a Diego López de Zúñiga. O seu fillo será Vizconde de Monterrei, e despois foille concedido o título de primeiro conde de Monterrei a Sancho Sánchez de Ulloa e Monterroso polos Reis Católico.
Hoxe en día, nos meses de setembro-outubro faise unha representación da batalla dos irmandiños, na que os campesiños rebélanse contra os nobres que lles producían terribles abusos.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MONTERREI/documents/0534CA001.pdf
http://www.monterrei.es/?q=castelodemonterrei
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2007/03/26/o-castelo-de-monterrei-unha-das-ruinosas-xoias-de-galicia/
http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?crec=7096&ctre=1224&cidi=G
http://gl.wikipedia.org/wiki/Castelo_de_Monterrei
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.9467995836Lonxitude: -7.44932591915
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):




(2 votos)
620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





6 comentarios
Oscar Franco says:
Xan 8, 2014
O castelo de Monterrei na prensa escrita:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/01/07/xunta-adjudico-proyecto-uso-hotelero-castillo-monterrei/0003_201401O7C6993.htm
Oscar Franco says:
Abr 3, 2014
Non so o castelo , senón os seus elementos mobles deben ser protexidos. A noticia do sagrario do castelo de Monterrei na prensa escrita:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2014/04/03/denuncian-sagrario-castillo-monterrei-acabo-vertedero/0003_201404O3C9993.htm#.Uz1BIDPz54U.facebook
Oscar Franco says:
Ago 12, 2014
Video do castelo de Monterrei no ano 1929:
http://historiamonterrei.blogspot.com.es/2014/08/primeiras-grabacions-da-comarca-de.html
Oscar Franco says:
Xan 28, 2016
O Castelo (e os seus arredores) seguen sendo noticia). Prensa escrita do 28 de xaneiro de 2016:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/monterrei/2016/01/28/catas-castillo-monterrei-revelan-tramo-calzada-antigua/0003_201601O28C7994.htm
Marián Santiago says:
Set 22, 2016
A torre da Homenaxe de Monterrei foi trasladada pedra a pedra dende Oimbra. Nova da Voz de Galicia do 22 de setembro:
http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/monterrei/2016/09/22/torre-homenaje-monterrei-trasladada-piedra-piedra-oimbra/0003_201609G22P41991.htm
Oscar Franco says:
Dec 15, 2022
A Xunta de Galicia anuncia novas obras de recuperación do Castelo de Monterrei
para facilitar o uso turístico do monumento. Así o recolle a prensa dixital do 14 de decembro de 2022:
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=34549