
Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Brión
Lugar: Os Ferreiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Mámoa de uns 22 metros de diámetro e 1,8 metros de altura situada a uns 150 metros de elevación. Ten un cono de violación duns 4 metros de diámetro e 0,4 metros de profundidade. Está situada nunha plantación de eucaliptos nunha pequena elevación entre dous montes que fan de acceso á bocana da ría de Ferrol, vese dende ela a entrada da ría.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: RI.000006964
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
*Túmulos prehistóricos no concello de Ferrol. Grupo de arqueoloxía da terra de trasancos. Anuario brigantino, 1997 (descrita como mámoa número 32)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Está cuberta por unha plantación de eucaliptos e monte baixo.
Onde está localizado
Latitude: 43.4693483305Lonxitude: -8.2911375466
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





3 comentarios
magago says:
Dec 14, 2016
Corresponde a unha das mámoas do conxunto coñecido como “mámoas do monte de Brión”. No PXOM de Ferrol pode consultarse a relación de códigos GA deste conxunto de mámoas.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FERROL/documents/0184CA004.PDF
Nemigo says:
Dec 14, 2016
Unha listaxe de códigos sen un mapa para ubicalos non serve de moito
magago says:
Dec 14, 2016
Pois así está no planeamento. No da Xunta aínda é peor!