
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponteceso
Parroquia: Anllóns (San Fiz)
Lugar: A Saímia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” sen plataforma e cun pedestal circular. Acaroada ó pedestal ten unha pedra rectangular moldurada e redondeada por arriba; a modo de escarzano, e conten unhas inscricións pouco lexíbeis. O varal é octogonal comezando en cadrado con figuras xeométricas. Ten un capitel troncopiramidal octogonal invertido que amosa alternativamente caras e símbolos da Paixón: Tenaces, martelo, estrela e coroa de espiñas. A súa cruz é octogonal rematado con bolas; faltándollelas bolas do brazo dereito e esquerdo que están rotas. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Ten a cabeza ergueita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai sen nós. Polo reverso da cruz fica a Dorosa cos dedos das mans entrelazados amosando o seu corazón. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PONTECESO/documents/27921ca002.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.232677791Lonxitude: -8.88194985693
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84