Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Lugo / Lugo (comarca)
Parroquia: Bocamaos (San Xillao)
Lugar: Vilacendoi
Outra denominación do ben: Cruceiro de Casa Varela
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro situado nunha encrucillada que nace sobre dous chanzos de sección cadrada, un deles parcialmente soterrado. A súa base divídese en dúas pedras, unha de sección cadrada e a superior de sección tronco piramidal. Nesta última pedra existe unha inscrición que di: “ANO D 1901”

O varal, de sección octogonal, aparece decorado con diferentes elementos da Paixón: unhas tenaces, un martelo, unha espada e unha escada de sete chanzos.

o capitel ten forma tronco piramidal invertida e nela podemos ver volutas e rostros de querubíns.
O conxunto remata nunha cruz de sección circular semellando un leño. Nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI acompañado de dous anxos de xeonllos no anverso, e a Dolorosa sobre peaña no reverso.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000019127
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LUGO/documents/27519ca018.PDF (Páxinas 2 a 4)

BIBLIOGRAFÍA
ARRIBAS ARIAS, FERNANDO e REIGOSA CARREIRAS, ANTONIO. “Cruces, cruceiros e petos de ánimas de Lugo I” (Enlace online: https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/1299700.pdf)

ENLACES DE TIPO LEGAL

http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534

http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0399148802
Lonxitude: -7.60925129056
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84