Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Nogueira de Ramuín
Parroquia: Faramontaos (Santa María)
Lugar: Pacio - Cruceiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de granito con plataforma de tres chanzos, o superior con molduras decorativas, previos a unha base cuadrangular con arestas biseladas. Sobre o que se chanta un varal cuadrangular con arestas biseladas na zona central, enriba capitel moldurado tamén con sección cadrada, tendo a zona central esaxeradamente estreita.
Na cima, cruz de sección cadrada, carente de figuración, estando a zona onde se cruzan os brazos oca na parte central.
Polo lado sur ten un pousadoiro adxacente a modo de altar, composto por dous pes cadrados sobre os que descansa un perpiaño traballado nos cantos, facendo as veces de mesa.
Tanto o varal como a cruz non teñen unha proporción en tamaño acorde co resto, apreciándose que deberon ser feitos con posterioridade para substituír ós antigos, posibelmente estragados.

Sitúase a escasos metros da igrexa parroquial de Santa María de Faramontaos, en cruce de camiños entre a estrada que conduce a dita igrexa e o antigo camiño que se dirixe o Outeiro do Castro, próximo ó lugar.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/NOGUEIRADERAMUIN/documents/0453CA009.PDF (Pax.9-10)
http://www.nogueiraderamuin.com/pxom/Memorias/Ordenacion/TOMOIV/Catalogo.pdf (Pax. 215)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.37529
Lonxitude: -7.747334
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84