Outra fotografía:

Tipo de ben: Petos de ánimas,
Concello: Muros
Parroquia: Muros (San Pedro)
Lugar: Muros - Rúa Caravel
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A Fornela das Ánimas sitúase na fachada dunha casa que fai esquina entre as rúa Caravel e a do Río. De feito, o río que vai canalizado baixo a rúa era antes coñecido como río das Ánimas. O peto, que carece de esmoleiro, ten tallada a imaxe da Virxe do Carme no alto co neno en brazos, de cuxa man pende un escapulario que colle unha das ánimas. No lado dereito sitúase outro santo (Santo Antón, segundo Estanislao Fernández, e Santo Domingo segundo Ramón de Artaza) cun rosario colgando co que recolle outra ánima. Á esquerda da Virxe está San Francisco cuxo cordón está sendo recollido por outra ánima que está na parte inferior dentro do que podería ser unha tixola. Esta fornela estivo colocada na esquina da casa, pero por mor do estado ruinoso da mesma foi erixida unha nova vivenda e recolocada onde está a día de hoxe.
A escritura de venta da casa posúe unha cláusula pola que nunca se poderá sacar dita fornela na fachada.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Existe unha copla popular na vila de Muros que fai referencia a esta fornela. Di o seguinte:

“miñas animas benditas que estades o pé do río tende conta de Xuana que non morra de frío”


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ARTAZA MALVÁREZ, Ramón de: «Historia de Muros y su distrito» (2ª edic)

FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao: Esmoleiros e Petos de Ánimas da Provincia da Coruña.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7775928413
Lonxitude: -9.06040012836
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84