
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pazos de Borbén
Parroquia: Moscoso (San Paio)
Lugar: Fraga do Rei
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de estilo neoclásico do ano 1890 feita a base de perpiaño granítico labrado e escuadrado, con planta de cruz latina e cuberta a dúas agás na ábsida que é a catro augas.
Na fachada principal vemos unha porta de aceso con arco escarzano. Máis arriba unha fornela garda a imaxe do patrón.
Seguidamente vemos un conxunto en horizontal cun ocelo con derrame interno no centro,un reloxo de agullas a súa dereita e un medallón co relevo da lúa a súa esquerda.
O conxunto remata nunha torre campanario en posición central formada por tres corpos que veu a substituír á antiga espadana tal e como dí unha cartela por debaixo dela.
Un escudo de armas da Casa e Mayorazgo de Reborda ornamenta o muro da ábsida.
No seu interior destaca o seu retablo maior, do século XVIII, e os retablos laterais, do XIX.
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: RI.000032998
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
PXOM Pazos de Borbén. Aprobación inicial Xuño 2009 (Ficha MO 01)
http://www.turismo.gal/ficha-recurso?cod_rec=5815&ctre=31&langId=gl_ES
http://www.moscoso.eu/Presentacion/presentacion.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.31812618Lonxitude: -8.50342735648
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Xan 20, 2017
Escudo de armas da Casa e Mayorazgo de Reborda que podemos ver nun dos muros exteriores.