
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Cruceiro, Camposanto,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar:
Outra denominación do ben: Igrexa da Madalena
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Formada por unha planta moi sinxela con muro de cantaría de granito nos que se apoian cimbros de madeira que sosteñen unha cuberta a dúas augas de tella, recentemente reconstruída. Na entrada da nave encóntrase un coro ao que se accede a través duna escaleira pegada ó muro. Na cabeceira está a ábsida, de menor altura, cuberta con bóveda de canón e dende á que se accede a sancristía acaroada nun dos seus laterais ,obra de 1860, cando se produciu unha importante reforma. Na fachada principal sitúase a porta decorada con arco de medio punto con diversas molduras apoiadas sobre cornixas e columniñas nas xambras. Está rematado superiormente por unha espadana de dobre arcada con frontón triangular e pináculos.
Rodeando a igrexa encóntrase o cemiterio, formado por nichos e enterramentos. Ademais, no adro hai un cruceiro formado por dous chanzos, varal de sección cadrada rematado nun capitel cadrado. A cruz ten imaxes nos dous lados.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
SORALUCE BLOND, José Ramón e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Xosé:
«Arquitecturas da Provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son».
PÁXINAS WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA011.pdf
(p. 4 – igrexa)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA016.pdf
(p. 20 – cruceiro)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7669486472Lonxitude: -9.09159421921
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84