Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Doniños (San Román)
Lugar: Monte de Brión
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

Mámoa situada ao pé dos montes de Brión, na baixada do monte. Está illada doutras mámoas, facendo de límite entre dúas parcelas separadas por un valado de pedra. Mide uns 22 metros de diámetro cunha altura duns 2 metros. O oco de violación mide uns 5 metros de diámetro por 2 de profundidade e coiraza. É unha das mámoas de maior tamaño do monte. Está nunha toxeira. Forma parte do campo de mámoas dos Montes de Brión. Fai de marco entre as parroquias de Doniños e Brión.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15036048
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Madorra é o nome co que se designan as mámoas nos montes de Brión.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
“Túmulos prehistóricos no concello de Ferrol”. Grupo de arqueoloxía da Terra de Trasancos. Anuario brigantino, 1997 (descrita como mámoa número 21)

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FERROL/documents/0184CA004.PDF (Pax. 18)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.4811535037
Lonxitude: -8.29162570864
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84