Outra fotografía:

Tipo de ben: Asentamento,
Concello: O Páramo / Sarria (comarca)
Parroquia: San Mamede da Ribeira
Lugar: Monte dos Trollos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

O uso combinado da fotografía aérea histórica e a tecnoloxía LiDAR permiten reconstruir a planta rectangular irregular dun recinto militar romano de carácter temporal. Como acontece frecuentemente no caso destes castra aestiua, as estruturas máis recoñecibles son as súas defensas perimetrais. Sobre o terreo apréciase a existencia dun parapeto de terra (agger) duns 110-140 cm de anchura por 20-30 cm de altura, así como dun foxo exterior (fossa) que nalgúns puntos supera o medio metro de profundidade. Os esquinais do recinto serían de forma rectangular redondeada. Por desgraza, o sector sur do campamento veuse parcialmente afectado en tempos recentes, polo que unicamente podemos supoñer que o seu eixe maior (SSE-NNO) tería aproximadamente 325 m de extensión, polos 220-230 m que con seguridade acada o menor (ENE-OSO). A superficie total do recinto sería dunhas 7,1 ha.

No sector sur pode apreciarse na fotografía histórica a existencia doutro aliñamento que, actuando a modo de bracchium (brazo), permitiría cerrar o espazo existente entre o límite sur do campamento e o borde sur da meseta sobre a que se asenta. Esta área tería unha extensión dunhas 2,5 ha.


Fotogrametría:

Propiedade: ComunalPrivada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O recinto foi descuberto por M. Gago en outubro de 2014 durante unha revisión convencional dos fotogramas do Vóo Americano da Serie B albergados nos servidores do IDEG-Xunta de Galicia. Con posterioridade, o equipo de romanarmy.eu (http://romanarmy.eu/) tería ocasión de estudar os restos sobre o terreo.


Referencias bibliográficas:

COSTA GARCÍA, J. M.; MENÉNDEZ BLANCO, A.; GONZÁLEZ ÁLVAREZ, D.; GAGO MARIÑO, M.; FONTE, J. & BLANCO-ROTEA, R. (2015): “The presence of the Roman army in north-western Hispania. New archaeological data from the ancient Asturian and Galician territories”. XXIII. Limes Congress 2015 (12/09/2015-23/09/2015). Inglostadt: German Limescommission (DLK) / Bavarian State Conservation Office (BLfD). Enlace permanente: https://youtu.be/eERmyHSV868.

COSTA GARCÍA, J. M.; FONTE, J.; MENÉNDEZ BLANCO, A.; GONZÁLEZ ÁLVAREZ, D.; GAGO MARIÑO, M.; BLANCO-ROTEA, R. & ÁLVAREZ MARTÍNEZ, V. (2016): “Roman military settlements in the Northwest of the Iberian Peninsula. The contribution of historical and modern aerial photography, satellite imagery and airborne LiDAR”. AARGnews 52: 43-51. Enlace permanente: http://hdl.handle.net/10347/14885.

OREJAS, A.; SÁNCHEZ-PALENCIA, F. J.; BELTRÁN, A.; RON, J. A.; LÓPEZ, L. F.; CURRÁS, B. X.; ROMERO, D.; ZUBIAURRE, E.; PECHARROMÁN, J. L. & ARBOLEDAS, L. (2015): “Conquista, articulación del territorio y explotación de recursos en el límite entre el convento lucense y el de los ástures (Proyecto IVGA)”. J. Camino Mayor, E. Peralta Labrador & J. F. Torres Martínez (Eds.), Las Guerras Astur-Cántabras. Gijón: KRK Ediciones: 247-260.

http://romanarmy.eu/2015/09/13/the-roman-army-in-nw-hispania-new-archaeological-data/

http://romanarmy.eu/2015/09/11/unha-via-de-penetracion-do-exercito-romano-ao-territorio-galego/

http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/03/23/0003_6671399.htm

http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/05/11/0003_6807732.htm

http://www.xente.mundo-r.com/valdoneira/historia/histaercha.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

A construción dunha estrada e a parcelación dos terreos destruiron as defensas do campamentos no seu sector meridional. Algo semellante teríalle sucedido ao posible anexo. Pola súa banda, un camiño forestal aproveitou o foxo máis occidental, desdebuxando o seu trazado e afectando así mesmo ao parapeto.

O sitio foi notificado á Direción Xeral do Patrimonio Cultural (Xunta de Galicia) o día 02/12/2014.


Onde está localizado

Latitude: 42.8521364448
Lonxitude: -7.5604391098
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84