Outra fotografía:
Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Sarria / Sarria (comarca)
Parroquia: Santa Mariña de Rubín / Santa María de Corvelle
Lugar: A Chá de Santa Marta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
Os fotogramas das dúas series do Vóo Americano (1946 e 1957) permiten documentar un recinto cuadrangular lixeiramente irregular e con esquinais redondeados. Identifícase nestes a existencia dun terraplén (agger) duns 3,5-5,5 m de anchura que hoxe está case totalmente nivelado. O eixo maior deste campamento (ESE-ONO) oscila entre os 374 e os 382 m, mentres que o menor (SSO-NNE) faino entre os 326 e os 368 m. A superficie do sitio superaría lixeiramente as 13 ha.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
O recinto foi descuberto por M. Gago en setembro de 2014 durante unha revisión convencional dos fotogramas do Vóo Americano da Serie B albergados nos servidores do IDEG-Xunta de Galicia. Con posterioridade, o equipo de romanarmy.eu (http://romanarmy.eu/) tería ocasión de estudar os restos sobre o terreo.
Referencias bibliográficas:
COSTA GARCÍA, J. M.; MENÉNDEZ BLANCO, A.; GONZÁLEZ ÁLVAREZ, D.; GAGO MARIÑO, M.; FONTE, J. & BLANCO-ROTEA, R. (2015): “The presence of the Roman army in north-western Hispania. New archaeological data from the ancient Asturian and Galician territories”. XXIII. Limes Congress 2015 (12/09/2015-23/09/2015). Inglostadt: German Limescommission (DLK) / Bavarian State Conservation Office (BLfD). Enlace permanente: https://youtu.be/eERmyHSV868.
COSTA GARCÍA, J. M.; FONTE, J.; MENÉNDEZ BLANCO, A.; GONZÁLEZ ÁLVAREZ, D.; GAGO MARIÑO, M.; BLANCO-ROTEA, R. & ÁLVAREZ MARTÍNEZ, V. (2016): “Roman military settlements in the Northwest of the Iberian Peninsula. The contribution of historical and modern aerial photography, satellite imagery and airborne LiDAR”. AARGnews 52: 43-51. Enlace permanente: http://hdl.handle.net/10347/14885.
OREJAS, A.; SÁNCHEZ-PALENCIA, F. J.; BELTRÁN, A.; RON, J. A.; LÓPEZ, L. F.; CURRÁS, B. X.; ROMERO, D.; ZUBIAURRE, E.; PECHARROMÁN, J. L. & ARBOLEDAS, L. (2015): “Conquista, articulación del territorio y explotación de recursos en el límite entre el convento lucense y el de los ástures (Proyecto IVGA)”. J. Camino Mayor, E. Peralta Labrador & J. F. Torres Martínez (Eds.), Las Guerras Astur-Cántabras. Gijón: KRK Ediciones: 247-260.
http://romanarmy.eu/2015/09/13/the-roman-army-in-nw-hispania-new-archaeological-data/
http://romanarmy.eu/2015/09/11/unha-via-de-penetracion-do-exercito-romano-ao-territorio-galego/
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/03/23/0003_6671399.htm
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/05/11/0003_6807732.htm
http://www.xente.mundo-r.com/valdoneira/historia/histaercha.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O sitio atópase practicamente arrasado por efecto da constante roturación de boa parte das parcelas no que quedou dividido. Así mesmo, algunhas áreas están cubertas por piñeiros. A estrada LU-620 atravesa o sector norte do recinto.
Nos anos 30 do século XX construise na Chá un aeródromo militar. Malia este feito, a fotografía aérea histórica mostra que as estruturas aínda se atopaban nun relativo bo estado a mediados da mesma centuria.
Este recinto, foi notificado á Direción Xeral do Patrimonio Cultural por J. M. Costa e M. Gago o 02/12/2014.
Onde está localizado
Latitude: 42.824506874Lonxitude: -7.35693454742
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84