Outra fotografía:
Tipo de ben: Asentamento,
Concello: Láncara / Sarria (comarca)
Parroquia: San Pedro de Armea
Lugar: A Chá de Santa Marta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
Este recinto de planta en forma de naipe (rectangular con esquinais redondeados) foi identificado grazas ao emprego da fotografía aérea histórica. Estes documentos amosan como o sitio atopouse sometido a un constante deterioro desde mediados do século XX.
Na actualidade resulta moi difícil identificar sobre o terreo os restos das defensas perimetrais. Estas estarían integradas por un foxo exterior de suave sección en V (fossa) e por un terraplén (agger) que nestes momentos conserva uns 70 cm de anchura por 20 cm de altura. Nas fotografías más antigas o parapeto tería arredor de 4,5 m de anchura e aínda proxectaba sombras.
O eixo maior do campamento (ESE-ONO) ronda os 400 m de extensión, entres que o menor (SSO-NNE) oscila entre os 290 e os 215 m. Así, a superficie do recinto sería dunhas 11,4 ha.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Mediante o emprego da fotografía aérea histórica, este recinto foi identificado primeiramente polo arqueólogo L. F. López e pouco despois por M. Gago e J. Costa. Con posterioridade, dous equipos arqueolóxicos (EST-AP, IH, CSIC e romanarmy.eu -http://romanarmy.eu/-) terían ocasión de estudar os restos sobre o terreo.
Referencias bibliográficas:
COSTA GARCÍA, J. M.; MENÉNDEZ BLANCO, A.; GONZÁLEZ ÁLVAREZ, D.; GAGO MARIÑO, M.; FONTE, J. & BLANCO-ROTEA, R. (2015): “The presence of the Roman army in north-western Hispania. New archaeological data from the ancient Asturian and Galician territories”. XXIII. Limes Congress 2015 (12/09/2015-23/09/2015). Inglostadt: German Limescommission (DLK) / Bavarian State Conservation Office (BLfD). Enlace permanente: https://youtu.be/eERmyHSV868.
COSTA GARCÍA, J. M.; FONTE, J.; MENÉNDEZ BLANCO, A.; GONZÁLEZ ÁLVAREZ, D.; GAGO MARIÑO, M.; BLANCO-ROTEA, R. & ÁLVAREZ MARTÍNEZ, V. (2016): “Roman military settlements in the Northwest of the Iberian Peninsula. The contribution of historical and modern aerial photography, satellite imagery and airborne LiDAR”. AARGnews 52: 43-51. Enlace permanente: http://hdl.handle.net/10347/14885.
OREJAS, A.; SÁNCHEZ-PALENCIA, F. J.; BELTRÁN, A.; RON, J. A.; LÓPEZ, L. F.; CURRÁS, B. X.; ROMERO, D.; ZUBIAURRE, E.; PECHARROMÁN, J. L. & ARBOLEDAS, L. (2015): “Conquista, articulación del territorio y explotación de recursos en el límite entre el convento lucense y el de los ástures (Proyecto IVGA)”. J. Camino Mayor, E. Peralta Labrador & J. F. Torres Martínez (Eds.), Las Guerras Astur-Cántabras. Gijón: KRK Ediciones: 247-260.
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/03/23/0003_6671399.htm
http://www.lavozdegalicia.es/lemos/2008/05/11/0003_6807732.htm
http://www.xente.mundo-r.com/valdoneira/historia/histaercha.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O sitio atópase moi afectado debido a que boa parte das parcelas nas que quedou dividido foron obxecto de replantacións forestais. En tempos recentes estas actividades incluiron o uso de maquinaria pesada. Tanto a estrada LU-620 como unha liña de alta tensión atravesan de parte a parte. Por último, un camiño forestal aproveitou a cara interna do parapeto como caixa.
Nos anos 30 do século XX construise na Chá un aeródromo militar. Malia este feito, a fotografía aérea histórica mostra que as estruturas aínda se atopaban nun relativo bo estado a mediados da mesma centuria.
Este recinto, xunto co veciño de Cabianca, foi notificado á Direción Xeral do Patrimonio Cultural por Luís F. López e A. Orejas o 02/10/2014 e por J. M. Costa e M. Gago o 02/12/2014.
Onde está localizado
Latitude: 42.8192344535Lonxitude: -7.33116388321
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84