Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Dodro / Sar (comarca)
Parroquia: Laíño (San Xián)
Lugar: Tallós
Outra denominación do ben: Casa-escola de Tallós
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Este edificio está situado nunha parcela elevada con respecto á rúa, o que se solucionou coa construción dunha plataforma elevada. Todo o recinto está pechado por un muro de cantaría que o rodea. O acceso principal é unha escalinata de pedra que lle dá unha certa monumentalidade ao conxunto.
Trátase dun edificio dunha soa planta, de forma rectangular, e construído en cachotaría regular. Ten cuberta de tella a dúas augas que xera un baixocuberta. Nas fachadas apenas conta con motivos ornamentais, agás a cantaría nos remarques dos vans, nos esquinais e no baseamento. A cornixa con molduras percorre todo o edificio.
Enriba da porta principal hai unha placa en que se pode ler o nome da sociedade promotora «Sociedad de Agricultores DE LAS TRES PARROQUIAS DE DODRO».
A escola tiña inicialmente dúas aulas separadas por un vestíbulo. No baixocuberta estaba a vivenda do mestre/a. Sabemos que a intención da sociedade promotora era que o edificio funcionase tamén como sede do sindicato agrario da parroquia, pero non sabemos onde estaba situada.
Detrás da escola hai unha estrutura independente feita en 1921, con muros de pedra, tellado a dúas augas e dous accesos independentes, que eran os aseos para os alumnos e alumnas.
O centro escolar funcionou como tal ata mediados dos anos 70 do século pasado. De feito, na fachada principal, hai outra placa en que se pode ler «A D. Francisco Méndez Seoane, maestro de esta escuela desde el año 1931 al 1974. Sus ex alumnos de Buenos Aires. Agosto de 1992».
Tras a súa rehabilitación, pasou a ser a casa de cultura e biblioteca municipal.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Actualmente está destinada a Casa da Cultura de Dodro.


Referencias bibliográficas:

http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/?escola=Casa-escola+de+Tallos
http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/?promotor=Hijos+de+las+Tres+Parroquias+de+Dodro+en+Buenos+Aires


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.715717541
Lonxitude: -8.70286166668
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84