Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Neda
Parroquia: Viladonelle (Santo André)
Lugar: Río Belelle
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A fervenza do río Belelle é unha das máis interesantes de Galicia. A auga precipítase sobre unhas pozas naturais dende 45 metros de altura.
Para achegarse ata as inmediacións da fervenza, o mellor é facelo dende a poboación do Roxal, na parroquia de Anca. Dende aquí atópase a pouco máis dun quilómetro de distancia, podendo facer o percorrido en coche ata as proximidades, onde está a central hidroeléctrica, en funcionamento actualmente, construída a comezos do século XX para dotar de electricidade á cidade de Ferrol. Como o salto natural só tiña 45 metros, construíuse unha canle ata o monte Marraxón, onde se acadan os 125 metros de caída.
Unha vista impresionante é dende o miradoiro de Viladonelle. Para acceder ata el hai que ir ata a aldea de Viladonelle, podendo deixar o coche xunto a igrexa barroca. Un pouco máis adiante, coller á esquerda por un sendeiro que bordea o castro da Croa de Viladonelle (moi estragado e cuberto de eucaliptos) que, en continua baixada, nos leva mesmo ata o miradoiro, unha sinxella plataforma de madeira con barandas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.4817934
Lonxitude: -8.1211174
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84