Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Doniños (San Román)
Lugar: Monte Campaíñas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
É unha mámoa de grandes dimensións situada nunha plantación de eucaliptos. Mide 18 metros de diámetro por 1,5 metros de alto, cun oco de violación de 3 metros por 0,5 metros. Está situada nun cruce de camiños xunto a outras tres de similares tamaños. É unha pequena chaira nos accesos ao monte de Mougá e Campaíñas, cara a Doniños. Está cortada por un valado. A zona é un vertedoiro incontrolado e emprégase como lugar para xuntar madeira cortada e cargar camións.
Forma parte do campo de mámoas de Campaíñas-Mougá.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
“Túmulos prehistóricos no concello de Ferrol”. Grupo de arqueoloxía da Terra de Trasancos. Anuario brigantino, 1997 (descrita como mámoa número 46)
LIGAZÓNS WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FERROL/documents/0184CA004.PDF (Pax. 18)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Están nunha plantación de eucaliptos.
Onde está localizado
Latitude: 43.5032617747Lonxitude: -8.28732076317
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84