Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Baños de Molgas (San Salvador)
Lugar: Monte de Penouzos
Outra denominación do ben: Petróglifo da Poza
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Penedo de 1,5 m. por 3 m. e unha altura de 0,45 m., sobre o que podemos ver o gravado en cuestión, formada por varias coviñas de distintos tamaños e parte dun gran círculo.
Distínguense claramente unha ducia de coviñas cun tamaño irregular, entre 2 e 6 cm. de diámetro, cunha profundidade entre 1 e 3 cm.
Arredor das coviñas de maior tamaño, que se sitúan na parte máis alta da peneda, vemos un suco polo lado suroeste (retocado recentemente), que se perde polo lado nordeste, por mor da erosión.
A escasos metros desta peneda, sitúase outra pequena pena con varias coviñas de moi pequeno diámetro, moi desgastadas, salvándose por pouco do trazado da estrada que une Baños de Molgas con Foncuberta.
Este gravado atopouno José Paz, un mariño xubilado, durante a súa estadía no balneario no Nadal de 2009, dando un paseo cara á feira de Maceda descubriu varios ó longo deste percorrido.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32007038
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Publicado no PXOM do concello de Baños de Molgas, parroquia de Baños de Molgas (San Salvador), pax. 42:
http://www.concellodemolgas.es/gfx/Blog/files/PXOM/11_CATALOGO/CATALOGO%20POR%20PARROQUIAS/BA%C3%91OS%20DE%20MOLGAS.pdf . Indicado no PXOM como petróglifos do Lugar da Insuíña.
Fotos na páxina de Turismo do Concello, indicado como “novos petroglifos”:
http://www.concellodemolgas.es/Galeria/categorias/15/Novos_petroglifos
http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/01/17/0003_8232062.htm
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.245418Lonxitude: -7.656282
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84