Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Cambados
Parroquia: Cambados (Santa Mariña)
Lugar: Cambados, Rúa Rollo.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Construída no século XVIII, destaca pola decoración da súa fachada, de claros matices neobarrocos en forma de numerosas cunchas de vieiras incrustadas na súa fachada principal e na fachada sur, dándolle nome a este edificio e que fai imitación a Casa das Cunchas de Salamanca.
Trátase dunha construción feita a base de bos perpiaños de pedra composta por un corpo rectangular de dous andares e unha torre anexa de tres andares. Os ocos de todo o conxunto conforman unha simetría perfecta na súa fachada principal, rompendo nesta o terceiro andar da torre. Ábrese unha porta rectangular lintelada flanqueada por unha xanela cuadrangular a cada lado cun enreixado de forxa. No andar superior destaca a súa fermosa balconada de forxa no centro da fachada, con dúas grandes portas que saen da mesma. A cada lado do balcón, sitúase unha xanela rectangular. No terceiro andar da torre, sobre unha repisa, ábrense outras dúas xanelas rectangulares e, na parte lateral da torre, outra balconada flanqueada por unha xanela rectangular e, outras tres xanelas similares abaixo deste balcón. A torre está cuberta a catro augas e o corpo rectangular a dúas, cinguindo todo o teito por pináculos moi moldurados.
Existe unha inscrición no portón de entrada á finca que data a construción da casa no ano 1721, e outra inscrición coa mesma data na fachada oeste. Neste tempo os seus propietarios eran a familia Fajardo, os mesmos que posuían a casa de enfronte coñecida como a Casa de Fajardo. O Conde de Bugallal, casado cunha Fajardo, cedeulle a casa ó Dr. Rivas, e este vendeulla a Manuel Otero, sendo os seus herdeiros os actuais propietarios.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CAMBADOS/documents/6001NO1005.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.5138585274
Lonxitude: -8.81524074823
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84