Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ferrol (comarca) / Valdoviño
Parroquia: Meirás ( San Vicente)
Lugar: Punta Sarda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
É un castro costeiro situado no alto dunha punta-península. Ten dúas líneas defensivas. A interior mide máis de 160 m., de leste a sur. A liña defensiva exterior é de maior anchura e menor extensión.
A entrada orixinal está na zona sur. Tamén hai un camiño posterior polo extremo leste.
Na zona hai numerosas galerías e canteiras de extracción de mineral de arsenio de principois do século XX polo que moitas das estruturas interiores son de datación descoñecida.
Nos anos 90 fixéronse escavacións dentro do castro por descoñecidos que puxeron ao descuberto muros semisoterrados de 55 cm.
Os desmontes para a construción das casas na zona danaron parte das estruturas defensivas.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://castros.artabro.es/node59.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.6016821063Lonxitude: -8.19886955649
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
elixiovieites says:
Xan 13, 2017
A páxina do Concello de Valdoviño, apartado Urbanismo
http://www.concellodevaldovino.com/?q=gl/node/20
informa da elaboración do novo PXOM e podemos ler:
“O Concello de Valdoviño está traballando
na elaboración dun Plan Xeral de Ordenación Municipal que
actualice a normativa urbanística, vixente dende 1993.
Ata a chegada desa nova lexislación,
que será informada regularmente dende este
apartado da web, presentamos as normas actuais,
cos seus planos e as súas memorias
(dispoñibles en arquivos pdf e jpg).
En “Usos pormenorizados Lavaracido-Taraza (A)”
vemos un plano coa referencia de
“Restos Arqueolóxicos a Protexer”
sinalado cun círculo, no lugar onde se sitúa este castro.
http://www.concellodevaldovino.com/sites/default/files/biblioteca/UsospormenorizadosA.jpg
Na relación de Castros do catálogo do
PXOM de Valdoviño en SIOTUGA, ano 1993, vén este mesmo plano
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VALDOVINO/documents/0384SU009.JPG
onde posiblemente este referenciado o Castro de Punta Taraza
e sexa coincidencte con este nome de Castro de Lavaracido
Lista de Castros de Valdoviño no catñalogo de 1993
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VALDOVINO/documents/0384CA001.PDF
Nemigo says:
Xan 21, 2017
Non sabía que se chamaba punta taraza tamén. Valdoviño ten moitos castros pero non hai demasiada información deles. Valdoviño é un concello moi particular en materia política e urbanística…