Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Limia (comarca) / Xinzo de Limia
Parroquia: Novás (San Nicolao)
Lugar: Novás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro está situado a unha altitude de 750 m. nun outeiro da marxe esquerda do río Faramontaos. Amosa rexas pendentes pola banda que dá ao río, zona oeste do recinto. Na coroa do castro poden verse ata catro construcións circulares duns catro metros de diámetro. Nas escavacións levadas a cabo nos anos 70 do pasado século apareceu abundante cerámica de época romana como tégulas, ladrillos, vidro, sigilata, ánforas e cerámica común.
O incendio que se produciu no verán do 2015 deixou ao descuberto as vivendas do castro, o cal estaba inzado de maleza.
Imaxe secundaria LIDAR-PNOA cedido por ING-Xunta de Galicia (CDIX). Instituto de Estudos do territorio (IET)


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32062006
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/XINZODELIMIA/documents/0514CA018.PDF
Pax.4 de 9 do pdf
Colmenero Rodríguez, Antonio. Excavaciones arqueológicas en el Castro de Novás (Ourense)
Noticiario Arqueológico Hispánico ISSN0211-1748, nº 4 pax. 547-584
Na prensa
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2015/10/30/gran-incendio-verano-dejo-descubierto-castro-2500-anos/0003_201510G30P32992.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 41.9868173881
Lonxitude: -7.65386581421
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84