Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Dumbría
Parroquia: Dumbría (Santa Baia)
Lugar: Dumbría
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A igrexa ten planta basilical cunha capela maior moi ampla, ao igual cá nave. A anchura desta nave permitiu ao arquitecto xogar co espazo interior abrindo dúas enormes fornelas no muro, aos lados do arco de acceso ao presbiterio. Dúas capelas acaroadas enriquecen o espazo litúrxico interior, ao que se engade un coro alto, construído en madeira e soportado por catro piares, situado aos pés da nave. O baptisterio sitúase no interior do muro sur; fronte a el e seguindo unha disposición simétrica encóntrase unha fornela. A capela maior cóbrese con bóveda de canón corrido de cantería de granito. O arco triunfal é de medio punto sen decoración. As capelas e o presbiterio cóbrense con bóveda de canón e a nave con teitume de madeira a dúas augas.

Ao exterior obsérvase unha disimetría entre o volume da nave a maior altura e a capela maior, a unha altura menor. O tellado de todo o conxunto é a dúas augas.

A fachada ten unha estrutura tripartita formada por dous grandes machóns que enmarcan o corpo central. Este corpo divídese horizontalmente en dúas seccións: a inferior, ocupada pola porta de acceso alintelada e cunha dobre arquivolta; e a superior, de forma rectangular e moi pesada. A torre que remata o conxunto consta de dous corpos: o das campás, de planta cadrada, e o superior, troncopiramidal e rematado por un pináculo en cruz.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:

O retablo maior, de estilo barroco, consta dun corpo principal dividido en tres rúas separado por medio de estípites, con emprego de placas, volutas en forma de C e froitas, entre outros.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SORALUCE BLOND, J. R. e FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitectura da provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía», Vol. IV. Deputación Provincial da Coruña, A Coruña 1997.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0071970185
Lonxitude: -9.11231160164
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84