Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Ferrol / Ferrol (comarca)
Parroquia: Marmancón (San Pedro)
Lugar: Monte Sabugueiro
Outra denominación do ben: Castro de Marmancón
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O castro está situado ao pé do monte, nunha propiedade privada sen acceso público.
Ten forma ovalada, cunhas dimensións no eixe NS de 100 m (interior 81 m), e no NO de 70 m (interior 67 m).
Existe unha muralla na zona leste. A mellor conservada, de 3,50 m de altura, está formada por grandes pedras, moi xuntas, case verticais e na base con forma escalonada. Nesta zona hai unha canle vertical que vai pola cara externa da muralla. Noutras zonas está máis danada e ten acabado máis sinxelo cunha altura de 1,5m. No interior, perdeu a verticalidade, polo derrube das pedras. Para o norte, nun corte transversal, apréciase a colocación de pedras de mediano tamaño na parte superior, cun grosor de 0,90 m.
A entrada orixinal sitúase no noreste, protexida pola muralla e unha parte do terraplén. A muralla ten maior tamaño ao norte.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15036003
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FERROL/documents/0184CA004.PDF (Pax 6)
http://castros.artabro.es/node28.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.539798885Lonxitude: -8.24894103438
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84