Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Bergantiños (comarca) / Carballo
Parroquia: Entrecruces (San Xens)
Lugar: O Piñeiro da Alta
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Atendendo ao catálogo de Bens Arqueolóxicos do PXOM do ano 2016 do concello de Carballo podemos ler : “Por mor da vexetación que actualmente cubre o xacemento non se pode observar en detalle a súa morfoloxía. Segundo a ficha do inventario trátase dun castro de forma circular con defensa que consiste nun parapeto que rodea por completo o castro e ao que se engade un foso que o percorre nolo N e NO. O parapeto é de altura variable alcanzando no lado NO os 13 m. A porta principal ábrese polo norte, a segunda rompe o parapeto polo sur”.
Tomando as medidas por planos lidar o recinto está rodeado dun gran foso de forma circular pola banda NO dunha profundidade duns 3.5 m, e uns 10 m. de ancho. Aproveitouse a terra extraída para facer un parapeto exterior de 2 m. de alto e uns 9 de ancho, que precede ao foso por esta zona do recinto. Vai esmorecendo esta defensa en dirección á cara leste, ao estar defendido por fortes pendentes de caen ata a estrada, ao seu paso pola ponte que atravesa os regos de Calvos e Outón, lugar onde se xuntan e fan límite co concello de Tordoia. Un rexo parapeto defende unha croa, completamente circular e duns 45 m. de diámetro. No seu cume obsérvanse restos de cachotería que poderían forman parte do material da súa construción. A estrutura defensiva que se observa podería ser coherente coa existencia dunha fortaleza, ou torre defensiva ou de control, que aproveitara o asentamento dun castro. Cara o sur podemos ver o topónimo “A Torre” na aldea da parroquia de Anxeriz (Concello de Tordoia), e tamén o microtopónimo Monte da Torre. Un muíño que está nesta zona do río chámase o Muíño da Torre.
O recinto fortificado sitúase a 700 m. en liña recta, río arriba, da ferveza de Entrecruces.
A imaxe secundaria desta ficha é un LIDAR- PNOA cedido por ING-Xunta de Galicia. Instituto de Estudos do Territorio (IET).


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen usoForestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15019022
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O castro de Ouxas foi usado ata principios do 2006 como pista de adestramento para motos de cros. Por esas datas o Concello de Carballo anunciou plans para o seu aproveitamento, que incluían limpeza, sinalización e compra, para uso como campo de traballo e interese turístico.


Referencias bibliográficas:

http://www.pxomcarballo.org/planxeral/10_Tomo%20Xa_Catalogo%20de%20proteccion.pdf
pax, 65 do pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Hai unha plantación de eucaliptos enriba do parapeto que precede ao profundo foso pola banda oeste


Onde está localizado

Latitude: 43.1224433575
Lonxitude: -8.66595983505
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84