
Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Guamil (Santa María)
Lugar: Monte do Foxo
Outra denominación do ben: Petróglifo do Cruceiro
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Na cima do outeiro chamado Monte do Foxo ou o Cruceiro, sobre afloramento rochoso localizamos varias gravuras.
Arredor de unha gran pía natural podemos ver varias coviñas de distintos tamaños, o resto das coviñas concéntranse en dúas zonas, unha polo sur e outra por nacente.
Polo lado sur de esta gran pía distínguense un grupo de cazoletas moi desgastadas, de un diámetro entre 3 e 4 cm. Este grupo contén unha figura xeométrica formada por unha cazoleta central e outras seis arredor de esta, facendo un circulo de uns 22-25cm de diámetro, 30cm máis ó sur distínguense outro grupo de coviñas semellantes.
Na zona de nacente destacan 3 coviñas de un tamaño de 5 a 6cm de diámetro aliñadas de norte-sur nun lombo da peneda, preto de outras 3 de semellantes dimensións que forman un triángulo.
Dende este outeiro do Foxo, e mais concretamente dende as penedas da gravura, domínase o terreo circundante, polo que puido ser un lugar de observación.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.207669Lonxitude: -7.683523
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84