
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Caldas (comarca) / Valga
Parroquia: Valga (San Miguel)
Lugar: As Laceiras
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruz de granito dunha soa peza sobre un bloque de pedra irregular que lle serve de base. A sección é cuadrangular no arranque e tórnase oitavado no desenvolvemento polo rebaixe das arestas. Os extremos dos brazos rematan cuarteados. A súa altura total acada uns 2,3 m. aproximadamente. Formaba parte dun camiño sacramental que atravesaba os lugares dos Martores, Os Vilares, e As laceiras. Só se conserva esta xunto coa da aldea das Laceiras.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VALGA/documents/27460ca017.PDF
pax. 1 do pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.692061732Lonxitude: -8.61857324839
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
adela suma says:
Feb 9, 2017
Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”;
ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español;
así o recoñece e garante a Lei 5/2016, de 4 de mayo, do patrimonio cultural de Galicia.
Enlaces:
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html
Oscar Franco says:
Xuñ 29, 2020
Engado a seguinte referencia web:
https://www.obaixoulla.gal/elementos/valga/elementos-relixiosos/cruz-do-verde