
Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Vide (San Xoán)
Lugar: Froufe
Outra denominación do ben: Escudo da Casa do Canónigo
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Pedra heráldica labrada en pedra, cuartelado en dous, con inscrición na parte inferior.
No lugar de Froufe (villa Freodulfi); no barrio de Aldea de Baixo sinálase a Casa do Coengo, onde morou Don Francisco Martínez Pazos, e quixo que fose o seu soar, aínda que irregularmente constituído, o mesmo cá o seu escudo.
No formal frontal da casa vese un escudo partido e cortado, sen bordura nin cimeira; no 1º cuartel 5 flores de lis en sotuer de Martínez; 2º seis roeles; 3º dous dragóns acaroados; 4º árbore con lobo pasante ó pé. No escudo o mote: DECA AVANTE
Copia mormente do escudo dos Deza de Erbedelo. Nº 24
Outro escudo hai sobre a bóveda dunha fonte arcada cercana, das chamadas de mergullo, igual cá o anterior.
Información: Elixio Rivas Quintas – Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia.
Fotos: Benjamin Blanco
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Información: Elixio Rivas Quintas – Estudios de genealogía, heráldica y nobiliaria de Galicia.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.21807Lonxitude: -7.66189
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Feb 12, 2017
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”;
ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español;
así o recoñece e garante a Lei 5/2016, de 4 de mayo, do patrimonio cultural de Galicia.
Enlaces:
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html