Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Limia (comarca) / Sandiás
Parroquia: Piñeira de Arcos (San Xoán)
Lugar: Piñeira de Arcos
Outra denominación do ben: Ermida da Santa Mariña
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Capela de planta rectangular con muros de sillería. Tellado a dúas augas con cuberta de tella curva. Na fachada principal porta alintelada e espadana de dous corpos con ocos rematados en arco, coroada cunha cruz latina e adornada a ámbolos lados por dous pináculos piramidais.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

A tradición fálanos de que a Santa Mariña criouse en Piñeira de Arcos.


Historia recente do ben:

Durante o ano 2008, o Concello de Sandiás, levou a cabo unha rehabilitación integral do tellado.


Referencias bibliográficas:

Foto das obras de rehabilitación integral do tellado da capela da Santa Mariña de Piñeira de Arcos (Xullo 2008).
Xullo 2008:  Rehabilitación integral do tellado da capela da Santa Mariña de Piñeira de Arcos (Sandiás - Ourense).
A Catalogación do Patrimonio cultural da Alta Limia (Fundación Barrié de la Maza)
http://www.altalimia.org/ficha_inmoble.php?id=050063


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1353087029
Lonxitude: -7.76029586792
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84