
Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Noia / Outes
Parroquia: Roo (Santa María)
Lugar: Noia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O LIC (Lugar de Interese Comunitario) do Estuario do Tambre esténdese dende o encoro Barrié de La Maza ata a Punta Cambrona, no Freixo (Outes), na banda dereita da súa desembocadura, e Punta Cabalo en Boa Grande (Porto do Son) no lado oposto. Está, pois, na parte máis interna da Ría Noia-Muros. Abarca tamén os estuarios e desembocaduras dos ríos Traba e San Francisco en Noia e o estuario do Tins en Outes, onde a miúdo se poden ver unha gran variedade de aves que repousan e se alimentan no humidal que forma o espazo intermareal. A maior parte do LIC ocúpano hábitats mariños e marítimo-terrestres de 1062 hectáreas con fondos de menos de 10 metros, e unha quinta parte abarca o curso baixo do Tambre, libre da influencia das mareas, ao longo de 6 quilómetros. Este curso comeza cerca da central hidroeléctrica do Tambre e remata no encoro. Aquí, o Tambre baixa fortemente encaixado formando unha garganta de fortes pendentes, como entre os lugares de Lueiro (Negreira) e Cornanda (Brión). Estas ribeiras abruptas dan acubillo, pola dificultosa accesibilidade, a grandes devesas coma a de Nimo e a unha grande cantidade de árbores autóctonas
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Páxinas cos LiC de Galicia
Esteiro do Tambre : http://goo.gl/prz4nW
Os outros de Galicia : http://goo.gl/5FoOWG
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Está a sufrir unha proliferación de especies arbóreas invasoras.
Onde está localizado
Latitude: 42.8180697388Lonxitude: -8.88244628906
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
elixiovieites says:
Nov 6, 2011
As ribeiras do curso baixo do Tambre están a sufrir unha
ocupación do espazo por unha cantidade desmesurada
de acacias da especie Acacia Melanoxylo.
Catalogada como especie invasora pola gran cantidade
de semente que espalla polas ribeiras dos ríos e de
difícil erradicación.Tamén prolifera a acacia mimosa
“Acacia Dealbata”. Curiosamente o concello de Outes ten
no pxom do concello do ano 2011, como único elemento natural,
unha acacia de gran porte e que se supón que aporta semente a este habitat,
está nos xardín do Pazo do Tambre no Enxido e dentro
deste LIC.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA029.pdf
Fotos da invasión.
http://www.panoramio.com/photo/12651361 (todas as árbores que se ven)
http://www.panoramio.com/photo/12651309
http://www.panoramio.com/photo/7699843 ( As mimosas con flores amarelas)