Outra fotografía:

Tipo de ben: Eira,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ponte Ambía (Santa María)
Lugar: Pumares
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A aira sitúase por poñente, ás aforas da aldea de Pumares. O chan está formado por unha laxe natural, á que non fixo falla modificar polo home para conseguir que a súa superficie fora cha, aínda que non perfecta.
Noutrora foi utilizada para a malla dos cereais. Era onde se facían as medas cos mollos de pan (centeo), trigo ou cebada. Alí separábase o gran da palla, facíase manualmente con mallos e na época máis moderna xa se usaban coas malladoras. A malla era unha tarefa colectiva, onde os veciños axudábanse uns a outros.
Para que non se estragaran o gran do cereal, as mallas facíanse nestes lugares acondicionados para tal fin, onde se podían recoller facilmente sobre estas penedas lisas, sen estragarse na terra.
Ó estar estratexicamente situada, facilitaba a limpeza do cereal, pois o vento pegaría mellor e separaría o froito da broza sobrante cando a operación era totalmente manual.
O proceso da malla tiña lugar no mes de agosto, polo que uns días antes limparíase e arranxaríase para que estivera lista.
O resto do ano é utilizada para poñer a secar as castañas, as fabas, cabazos e froita. Tamén serve para tender a roupa a secar, esfollar o millo ou picar a leña.
No caso de Baños de Molgas, a practica totalidade das airas son en terreo comunal, polo que todos os veciños se afanan na súa construción e mantemento, polo que o seu uso faise seguindo unha rigorosa quenda no tempo da malla, non sendo tan rigorosa o resto do ano.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.224487
Lonxitude: -7.723855
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84