Outra fotografía:
Tipo de ben: Muíño,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Parroquia: Ambía (Santo Estevo)
Lugar: Ribeira
Outra denominación do ben: Muiño da Corona
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Muíño de maquía da ribeira do Arnoia, próximo á Ponte da Pedra, con acceso non moi doado.
A distancia co seguinte muiño do “Piepito” e relativamente pequena, polo que na época de estío precisaba que os muíños anteriores (o do Piepito e máis o do Marcial) soltaran a auga necesaria para a moenda, xa que logo se baleiraba a auga embalsada na súa pequena vaira.
De todos os muíños da contorna, posiblemente sexa o que máis calidade teña na súa cantería de granito, moi traballada, sobre todo polo lado sur.
No interior dispuña de tres rodas, adicadas a moenda de millo e “pan” (centeo) maiormente.
Na parte da comporta xeral, tiña un muro de grandes bloques de granito, que soportaba e protexía a este muíño das enchentes, que nesta zona soen alcanzar unha gran altura polo estreito do paso na zona da Ponte da Pedra.
Esa comporta daba paso a unha canle que abastecía as tres comportas individuais polas que circulaba a auga cara cada rodicio no inferno.
Polo lado sur ten a saída a auga, que retorna cara o caudal do río, por dous ocos feitos a tal fin. Por este lado vese un contraforte na zona central do edificio, soportando ese lateral do muro.
A cuberta, actualmente inexistente, dispoñíase a tres augas, sendo con tella curva do país.
A presa aínda que non de moita altura, de gran factura, empregando cantearía de granito de boa calidade.
A parte superior de esta presa, adoita ser unha zona escollida de baño, moi apreciada pola tranquilidade das augas e o recollido da orografía.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.221767Lonxitude: -7.717349
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84