Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Navia de Suarna
Parroquia: Vallo (Santa María)
Lugar: O Penedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Localizados a principios do mes de setembro de 2016 polo Colectivo Patrimonio dos Ancares. Trátase das primeiras gravuras ao aire libre documentados no concello de Navia de Suarna. Atópanse a 1.202 metros de altitude, preto do límite co concello de Cervantes. Para achegarnos ata o lugar tivemos en conta o nome do topónimo xa que o étimo cubelo fai alusión a unha forma redonda, atopándoo en Galicia como diminutivo de cova, oco ou burato. Como puidemos comprobar, no presente caso o topónimo non era ambiguo xa que na parte alta do outeiro conseguimos documentar catro coviñas feitas por man humana, distribuídas en dúas penas de xisto, cuns diámetros que oscilan entre os 7 e os 9 centímetros.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Mámoas, petroglifos e castros do concello de Navia de Suarna: http://arqueoancares.blogspot.com.es/2012/01/mamoas-e-castros-do-concello-de-navia.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8786039763Lonxitude: -6.95438861847
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84