Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Limia (comarca) / Sandiás
Parroquia: Santo Estevo de Sandiás
Lugar: Sandiás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Fonte tradicional que daba servizo os veciños da aldea de abaixo de Sandiás, preto da igrexa de santo Estevo de Sandiás. O conxunto ademais da fonte conta cun lavadoiro feito de perpiaños na parte de abaixo e cuberto recentemente cun tellado de tella curva. A fonte é cadrada feita de perpiaño, contaba no pasado con dous canos, dos que fai bastantes anos só funciona un, estando rematada nun frontón apuntado. A ámbolos lados da fonte aparecen dous pequenos piares que eran usados para pousar as olas e as tinas da roupa.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: CP9 (PXOM)
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:

Os piares situados a cada lado da fonte usábanse para pousar as olas e as tinas da roupa, para desta maneira axudar ás mulleres a colocalas enriba da cabeza para o seu transporte.


Historia recente do ben:

Durante os anos 2003-2004, o Concello de Sandiás realizou actuacións de rehabilitación da súa contorna, por exemplo: empedrado, sustitución do tellado de uralita por tella curva, etc., grazas a concesión dun Obradoiro de Emprego.


Referencias bibliográficas:

Obras de rehabilitación do lavadoiro e da Fonte dos Canos de Sandiás (Ourense), e da súa contorna, polo Obradoiro de Emprego (2003-2004).
ANTES (INVERNO 2003): Obras de rehabilitación do lavadoiro e da Fonte dos Canos de Sandiás (Ourense), e da súa contorna, polo Obradoiro de Emprego (2003-2004).

Remate da rehabilitación da contorna da Fonte dos Canos e do lavadoiro de Sandiás (Ourense) polo Obradoiro de Emprego (Ano 2005).
Febreiro 2005: Remate da rehabilitación da contorna da fonte dos Canos e do lavadoiro  de Sandiás (Ourense) polo Obradoiro de Emprego.

Contorna da Fonte dos Canos, en Sandiás, despois da súa rehabilitación e empedrado (Xaneiro 2005).
Ano 2005: Contorna da Fonte dos Canos, en Sandiás,  despois da súa rehabilitación e empedrado (Xaneiro 2005).

A Fonte dos canos despois da rehabilitación da súa contorna (Ano 2011)
ANO 2011: A Fonte dos Canos despois da rehabilitación da súa contorna (Sandiás - Ourense)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1125879658
Lonxitude: -7.75531500578
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84