Outra fotografía:
Tipo de ben: Eira,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Betán (San Martiño)
Lugar: Guede - Outeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Aira lousada en parte, sendo un pequeno anaco en laxe natural, que ocupa uns 160 m2 aproximadamente, que se atopa no outeiro da aldea de Guede, próxima á capela.
O terreo da base ten unha inclinación, que compensaron nivelando o terreo con esta aira, aportando unha base sobre a que se asentaron as lousas que a forman.
Feita con lousas de granito colocadas sobre o terreo, respectando unha peneda, que está na zona central. Está limitada por pequeno muro perimetral de pequena altura, tamén en granito, pola zona sur.
Este tipo de aira e a máis duradeira e valiosa, con estas lousas de granito mais a zona da peneda, fan que sexa a mais idónea para que non se escape o gran do cereal.
Noutrora foi utilizada para a malla dos cereais, era onde se facían as medas con os mollos de pan (centeo), trigo ou cebada. Alí se separaba o gran da palla, antigamente facíase manualmente con mallos e na época mais moderna xa se facía con as malladoras.
A malla era unha tarefa colectiva, onde os veciños axudábanse uns a os outros.
Para que non se estragaran os gran do cereal, as mallas facíanse nestes lugares acondicionados para tal fin, onde se podían recoller facilmente sobre estas pedras perfectamente lisas e sen case oco nas xuntas.
Ó estar estratexicamente situada en unha zona elevada, facilitaba a limpeza do cereal, pois o vento pegaría mellor e separaría o froito da broza sobrante cando a operación era totalmente manual.
O proceso da malla tiña lugar no mes de agosto, polo que uns días antes limparíase e arranxaríase para que estivera lista.
O resto do ano é utilizada para poñer a secar as castañas, as fabas, cabazos e froita. Tamén serve para tender a roupa a secar, esfollar o millo ou picar a leña.
No caso de Baños de Molgas, a practica totalidade das airas son en terreo comunal, polo que todos os veciños se afanan na súa construción e mantemento, polo que o seu uso faise seguindo unha rigorosa quenda no tempo da malla, non sendo tan rigorosa o resto do ano.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.245521Lonxitude: -7.724465
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84