Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte, Lavadoiro,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Betán (San Martiño)
Lugar: A Fontela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Conxunto de fonte e lavadoiro sito no cruce da pista que saíndo de Guede leva a Nogueira de Abaixo.
A fonte é da modalidade de capela, gorecida por unha cuberta a unha única auga, aparece protexida e embalsada nun cubo granítico levantado en perpiaño de excelente calidade, aberto na súa fronte. Este cubo ten en planta unhas medidas aproximadas de 1,5 m. por outro tanto de fondo. O oco frontal, está protexido por un perpiaño a modo de murete, para evitar a caída ó interior.
O cubo interior onde se almacena a auga ten unha gran profundidade.
Tras desta, atópase o lavadoiro feito en perpiaño de granito, formado por un vaso de pedra cuadrangular sen divisións cunhas medidas de 3,5 m. de longo por 2,5 de ancho.
O pilo permite refregar a roupa ao longo de dous dos seus catro lados mediante a disposición de pedras inclinadas a media altura.
Este conxunto está gorecido por muro que soporta o terreo polo lado nordés. Nese muro que sustenta o terreo elevado, nace a auga que se encamiña cara o lavadoiro a través dun cano a modo de bebedeiro para o gando.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.244931
Lonxitude: -7.723649
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84