Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...),
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ambía (San Estevo)
Lugar: Santa Eufemia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificio de planta rectangular distribuída en dous andares, construída en boa cantería de granito no Areal, na zona alta da aldea de Santa Eufemia.
Ten unhas medidas de 7,5 m. de longo por 6 de ancho, a isto súmaselle a escaleira na súa cabeceira. Dispón de 3 ventás polo lado noroeste tanto no baixo como na parte alta. Polo sueste ten 2 do mesmo tamaño na parte alta, sendo as outras pequenos ventanillos.
A entrada inferior está gorecida pola escaleira de pedra, e sobre esta a porta de entrada á parte superior.
A cuberta e a dúas augas, con tella curva do país, sendo o anaco que cubre a cima da escaleira a tres augas.
Trátase da típica escola rural construídas a mediados do século XX no que a planta baixa era a escola propiamente dita, sendo a segunda planta a vivenda do mestre.
Construída polo antigo réxime, empregando para elo a man de obra dos veciños do lugar, como tamén os materiais e medios de transporte.
Unha vez que se concentraron estas escolas facendo os grupos escolares, como neste caso o de Molgas, estas escolas quedaron en desuso e abandonadas, chegando a estragarse varias delas.
Actualmente o edificio foi rehabilitado, converténdose no local social, para aproveitamento dos veciños.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.22389
Lonxitude: -7.704249
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84