Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte, Lavadoiro,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ambía (San Estevo)
Lugar: A Fonte – Suatorre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Fonte da modalidade de capela gorecida e inxerida en muro de cachotaría de granito, aparece protexida e embalsada nun cubo granítico, aberto na súa fronte. A abertura frontal está rematada en arco, tendo cancela metálica por seguridade.
O cubo interior onde se almacena a auga ten pouca profundidade, saíndo a auga por pequeno suco cara o tanque lavadoiro que dista uns escasos 3 m.
Este pozo ten planta cadrada feita en perpiaños de granito, tendo dous dos laterais a pedra do remate inclinada para permitir refregar a roupa, sendo os outros dous laterais máis altos para evitar a caída accidental.
Poucos metros máis cara poñente e en pendente do terreo sitúase outro lavadoiro de características semellantes ó anterior, sendo as pedras para refregar individuais.
Este conxunto atópase en zona acondicionada preto do cruceiro de Suatorre.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.208713
Lonxitude: -7.708629
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84